Proxectamos a obra na PDI e observamos con moito, moitísimo detalle...
Pensamos....
Por que gritaba o señor? ou era una señora?, quen está detrás?, e onde se atopa?, nun río?, que é iso que está no suposto río?....
Algunhas das marabillosas respostas...
-Grita porque levou un susto.
-Tapa as orellas porque as ten feas e non lle gustan.
-É un señor porque as mulleres non poden ser clavas.
-Si poden ser calvas, cando están maliñas... e non podemos rirnos delas.
-É unha muller que eu vexo que é un vestido o que leva.
-Os homes de detrás son espías.
-... Un sinfín de respostas fantásticas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A continuación cada un puido ver a obra nun folio. Despois de observala e valorala (preciosas cores), imos tratar de facer o noso particular "Grito". Gústanos a obra de Munch pero nós tamén somos artistas, imos crear.
Mirámonos fixamente nun espelliño facendo o grito, a expresión da cara, ollos ben abertos, boca aberta tamén... e posteriormente a reproducimos.
Unha boa experiencia!
Unha aperta enooooooooooorme, Profe Carmen