Datos personales

jueves, 23 de enero de 2014

Preparando o " Día da Paz" ...
Deixovos a canción de Macaco que imos preparar para cantar todos xuntos o día 30!






A bailarrrrrr con enorme sorrisooooo!



Unha aperta, profe Carmen

viernes, 10 de enero de 2014

Onte coa chegada, non fumos a biblioteca de centro, así que o conto da semana o escoitamos hoxe.
Conteilles "La manzana roja" un bonito conto que plasma a importancia do traballo en equipo, a aprendizaxe cooperativa; ambientado no invierno. Estación que xa chegou e con forza, jejejeje.

Anímovos a que lles preguntedes sobre él, o releades ou traballedes o argumento dalgunha maneira. É un contó moi lindo!

Apeeeertaaaa!


Por certo! Estes días estamos lendo os diarios. Cada día na hora de ler, saen cinco alumnos ao centro e len a paxina do seu diario que queren compartir; despois, mestúranse e intercambian as historias.
O próximo xoves xa remataremos e será entón cando comecemos a levar os libros de préstamo da biblioteca de aula ( os contos que trouxeron) . Faremos o mesmo que ata agora ; o levaremos na mochila e leremos un anaco na casa e un pouco na clase. ( Xa vos explicarei o procedemento aquí e nunha circular escrita).
Onte compartimos un "detalle" e xoguete que houberamos recibido polo Nadal e foi moi, moi ben. A maioría eran didácticos (ata as bonecas o son) e gustoume moito ver como disfrutaban, como compartían ata esquecer de quen era. Todo de todos. Todos responsables de todo. Unha gozada...

Hoxe en plástica, confecionamos un xogo, "O tres en raia". Un xogo súper divertido, que custounos cero euros! Ademáis de producción propia, é dicir, o mais bonito posible! . (Educación para el consumo responsable).

Unha aperta enoooorme
Profe Carmen
Ola! Xa estamos no segundo trimestre e con moita enerxiaaaa!

Onte e hoxe na clase fixemos repaso, escribimos, limos, calculamos e falamos moito! Foron moitos días sen vernos e temos moito que contar!!!

Quero agradecervos a colaboración cos diarios, que marabilla!  Que completos! Ata fotos! Unha chulada e eles motivados coa escritura (algún ata pediume facelo sempre, jejejeje, obxectivo cumprido).

Unha aperta grandeeeeee
Profe, Carmen


jueves, 2 de enero de 2014

BENVIDOS  AO 2014!!!!!!!!!
 
Benvidos ao 2014. Agardo que o pasáredes fenomenal nestes días e que disfrutedes moito dos que quedan de vacacións.
Daría o que fora por ver aos vosos cativos por un buraquiño o día de Reis, jejejejej
Agarderei a que lean esas historias dos diarios e brilen os olliños lembrando os momentos únicos!
 
Unha aperta enooooorme