Datos personales

viernes, 10 de enero de 2014

Onte coa chegada, non fumos a biblioteca de centro, así que o conto da semana o escoitamos hoxe.
Conteilles "La manzana roja" un bonito conto que plasma a importancia do traballo en equipo, a aprendizaxe cooperativa; ambientado no invierno. Estación que xa chegou e con forza, jejejeje.

Anímovos a que lles preguntedes sobre él, o releades ou traballedes o argumento dalgunha maneira. É un contó moi lindo!

Apeeeertaaaa!


Por certo! Estes días estamos lendo os diarios. Cada día na hora de ler, saen cinco alumnos ao centro e len a paxina do seu diario que queren compartir; despois, mestúranse e intercambian as historias.
O próximo xoves xa remataremos e será entón cando comecemos a levar os libros de préstamo da biblioteca de aula ( os contos que trouxeron) . Faremos o mesmo que ata agora ; o levaremos na mochila e leremos un anaco na casa e un pouco na clase. ( Xa vos explicarei o procedemento aquí e nunha circular escrita).