Noraboa pirataaaaaaaaas!!!!!!!!
Que ben o fixeron, que guapos ían, que ben o pasamos!!!!!
Estou moi, moi, orgullosa de vós!
Unha aperta enoooooorme
En canto poida subo tres fotiños que teño.
jueves, 27 de febrero de 2014
miércoles, 26 de febrero de 2014
Como sabedes, imos facer unha actividade preciosa no "Día do libro".
Sendo o tema do curso o MAR, a cada clase tócalle investigar unha "parcela" deste para o día 23 de abril facer unha posta en común. Unha exposición de contidos e material.
A nós, 1º curso, tocounos "ANIMAIS MARIÑOS PERIGOSOS", debe ser por isto de que somos piratas...jajajajajaaj.
Por iso, nos días de vacacións de Entroido, temos que buscar información e material, xa sexa documentación como obxectos para expoñer.
Adiántovos que a choiva de ideas que fixemos na clase foi impresionante...
Por que as medusas dan electricidade?
Os tiburóns son tan periodos como din?
Cantos pinchos teñen as fanecas?
Por qué hai fanecas nunhas praias e noutras non?
...
Nivelazo!!!
"Ánimo"
Sendo o tema do curso o MAR, a cada clase tócalle investigar unha "parcela" deste para o día 23 de abril facer unha posta en común. Unha exposición de contidos e material.
A nós, 1º curso, tocounos "ANIMAIS MARIÑOS PERIGOSOS", debe ser por isto de que somos piratas...jajajajajaaj.
Por iso, nos días de vacacións de Entroido, temos que buscar información e material, xa sexa documentación como obxectos para expoñer.
Adiántovos que a choiva de ideas que fixemos na clase foi impresionante...
Por que as medusas dan electricidade?
Os tiburóns son tan periodos como din?
Cantos pinchos teñen as fanecas?
Por qué hai fanecas nunhas praias e noutras non?
...
Nivelazo!!!
"Ánimo"
LECTURA
Estes días que estamos traballando na clase as sílabas trabadas, están levando para casa unha ficha de lectura e unha de exercicios para practicar, de reforzo. Coma sempre, non son obrigatorias.
Na clase as lemos ao día seguinte, correximos os exercicios e facemos un dictadiño coas sílabas estudadas.
Ao rematar este traballo, as levarán todas xuntas a casa para repasar.
Unha aperta, Carmen
O CADERNO DE RESUMOS
Como sabedes, na clase preparamos un caderno de resumos.
A actividade tratase de facer un resumo á semana como mínimo. É dicir, quen queira facer máis benvido sexa! pero un é obrigatorio. Cada xoves, que temos biblioteca, é cando ese resumo ten que estar feito. Xa que facemos moitas actividades con eles; os lemos, compartimos, ensinamos...
A idea do resumo é aprender a extraer o idea principal do que len, porque saber ler non é ler de forma mecánica, é entender o que un le e para iso hai que practicar moito, moitísimo e así, enterándonos poder disfrutar.
O caderno terá que estar sempre na mochila, xa que as veces faremos resumos na clase.
Esta é unha moi boa técnica de estudo para o día de mañana; por favor, fomentalo nos nenos!. Guiádelles pero non lles corrixades, que sigan os pasos que lles puxen e pouco a pouco o irán facendo cada vez mellor.
Unha apertaaaaaaaaaa!!!
O próximo venres xa celebramos o ENTROIDOOOO! Estamos moi contentos e ilusionados!
Como xa vos comentei estamos facendo os nosos disfraces de PIRATAS que están quedando moi chulos e o máis importante é que son con material reciclado, cartolinas, papeis, bolsas... . Aprendendo Educación ambiental e educación no consumo. Somos uns creadores fantásticos!!!
O día da festa, teremos que vir vestidos con camisa branca, pantalón escuro, botas e os adornos que queiramos. Tratade, por favor, que sexan o máis "naturais" posibles...
Se tendes un pano para a cabeza tamén o podedes traer que quedaralles ben por debaixo do gorro pirata...
Podedes pintarlles a cariña: bigotes, cicatrices e todo o que os vosos piratas queiran (tamén levan os labios pintados de rosa, díxome unha delas...jajajajaaja).
Faremos un desfile ata a praza, presentarémonos por grupos no patio e comeremos lambonadas propias do entroido, unha marabilla!!!
Lembrade que podedes colaborar cos postres.
Unha apertaaaaaaaa!!!!
Por certo, se alguén ese día, leva ao seu fillo a casa antes da hora habitual que me avise nese intre porque terá que quedar rexistrado coa firma.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)