O CADERNO DE RESUMOS
Como sabedes, na clase preparamos un caderno de resumos.
A actividade tratase de facer un resumo á semana como mínimo. É dicir, quen queira facer máis benvido sexa! pero un é obrigatorio. Cada xoves, que temos biblioteca, é cando ese resumo ten que estar feito. Xa que facemos moitas actividades con eles; os lemos, compartimos, ensinamos...
A idea do resumo é aprender a extraer o idea principal do que len, porque saber ler non é ler de forma mecánica, é entender o que un le e para iso hai que practicar moito, moitísimo e así, enterándonos poder disfrutar.
O caderno terá que estar sempre na mochila, xa que as veces faremos resumos na clase.
Esta é unha moi boa técnica de estudo para o día de mañana; por favor, fomentalo nos nenos!. Guiádelles pero non lles corrixades, que sigan os pasos que lles puxen e pouco a pouco o irán facendo cada vez mellor.
Unha apertaaaaaaaaaa!!!