Datos personales

miércoles, 26 de febrero de 2014










O próximo venres xa celebramos o ENTROIDOOOO! Estamos moi contentos e ilusionados!

Como xa vos comentei estamos facendo os nosos disfraces de PIRATAS que están quedando moi chulos e o máis importante é que son con material reciclado, cartolinas, papeis, bolsas... . Aprendendo Educación ambiental e educación no consumo. Somos uns creadores fantásticos!!!

O día da festa, teremos que vir vestidos con camisa branca, pantalón escuro, botas e os adornos que queiramos. Tratade, por favor, que sexan o máis "naturais" posibles...
Se tendes un pano para a cabeza tamén o podedes traer que quedaralles ben por debaixo do gorro pirata...

Podedes pintarlles a cariña: bigotes, cicatrices e todo o que os vosos piratas queiran (tamén levan os labios pintados de rosa, díxome unha delas...jajajajaaja).

Faremos un desfile ata a praza, presentarémonos por grupos no patio e comeremos lambonadas propias do entroido, unha marabilla!!!
Lembrade que podedes colaborar cos postres.


Unha apertaaaaaaaa!!!!
A profe Carmen


Por certo, se alguén ese día, leva ao seu fillo a casa antes da hora habitual que me avise nese intre porque terá que quedar rexistrado coa firma.